martes, 28 de novembro de 2017

VISITA DE BRÚJULA

Encántanos Illa Fantasía! Recibimos cartas dos seus habitantes: Mago Alfa e You You Tu; coñecemos a outros personaxes que nos describen nas cartas, pero que nos veñan visitar directamente de alí... foi todo unha sorpresa!!! Que ben o pasamos con Brújula!!!

venres, 24 de novembro de 2017

VISITA AO MERCADO

Despois de ir mariscar... toca ir ao mercado!!! E alá fomos. Vimos moitas especies mariñas: centolas, bois, nécoras, camaróns, peixe sapo, pescada, salmón, fanecas, meigas e ata.... un melgacho!!
Como nos gustou!
Aprendemos moito:as características dos peixes e a diferenza entre peixe branco e azul.
Moitas grazas Cris, por adicarnos o teu tempo, ter tanta paciencia e ser unha excelente profe para nós!


mércores, 1 de novembro de 2017

CASTAÑEIRO PARA O MAGOSTO

Se vos fixades, está unido por un dos bordes. É exactamente 
igual ao que xa traían en Educación  Infantil. Grazas e un saúdo.


mércores, 25 de outubro de 2017

De marisqueo

O venres os alumn@s de 2º, equipados coas nosas botas, restrelo e caldeiro, fomos mariscar á praia de Zopazos. Foi estupendo!
Veredes:
Empezamos a remexer na area e axiña enchemos os caldeiros, logo fomos á cofradía, alí lavamos, medimos e pesamos as nosas ameixas. Descubrimos que as pequeniñas van de volta para seguir medrando e as grandes ao mercado!!
Pasámolo xenial e aprendemos moito!!
Moitas grazas a tod@s os membros da cofradía por facer de excelentes mestres para nós e adicarnos o seu tempo.


martes, 20 de xuño de 2017

PARA LER NO VERÁN

Xa veñen as vacación  e, como sempre, Güino escolleu para nós libros  que nos acompañarán este verán. Pasade pola biblioteca para botarlles un ollo.

Hai libros de aventuras, con puzles, de realidade aumentada, ecoloxistas, de misterio... Unha manchea de historias que farán do noso lecer un tempo cheo de imaxinación e mundos novos.

Esperamos que vos gusten!
Feliz verán!

https://issuu.com/m.cascallar/docs/para_ler_no_ver__n__1_

luns, 19 de xuño de 2017

CAMBIO DE DÍA PARA A SAÍDA A BELELLE

A saída estaba prevista para o martes 20 de xuño. Finalmente será o xoves 22 xa que para o martes 20 hai posibilidade de que haxa folga de transporte. O horario será o mesmo.

venres, 16 de xuño de 2017

LUNS 19 E MÉRCORES 21. AVISOS

O vindeiro luns 19 de xuño teremos o concerto de Paco Nogueiras. Como é previsible que faga bo tempo a actuación será no patio. Sería convinte que o alumnado veña con gorra e que bote crema do sol na casa.

O mércores 21 de xuño teremos unha xornada adicada aos xogos populares. Cada clase ten que vir coa camiseta dunha cor.
1º A: branca
1º B: amarela

venres, 10 de febreiro de 2017

DISFRAZ DE ENTROIDO

     Tal e como vos comentamos nunha notiña que levaron os nenos e nenas para a casa, este ano iremos disfrazados de carballos xa que estamos a traballar nun Proxecto sobre As Fragas do Eume.
     Adxuntamos unha imaxe de como pretendemos que sexa o disfraz. Recordade que só debedes encargarvos das follas da parte de arriba do disfraz e non da coroa. A coroa farémola nos na clase.
     Mandamos plantilla cos tres tamaños das follas que poderedes facer de cartolina, goma eva, feltro,.... Poden ir pegadas, cosidas, grampadas,... Como podedes observar hai dous tonos de verde.      Nas follas escuras debúxanse os nervios da folla en verde claro e nas follas claras debúxanse os nervios de verde escuro. En función da vosa creatividade e tempo, podedes personalizar o disfraz con un niño de paxaro, un esquío, un paxaro,... Non dubidedes en consultar dúbidas ben nas axendas ou falando con nos na entrada e saída do cole. Moitas grazas.
Resultado de imagen de disfraz de árbol
Recordade que a coroa facémola na clase!!!

FIN DE CURSO E DUN CICLO