mércores, 26 de novembro de 2014

EXCURSIÓN A BONILLA

     Mirade que ben o pasamos na fábrica de patacas fritas Bonilla no polígono de Sabón.
     Aprendemos moitas cousas. Xa veredes que grandes eran os sacos nos que veñen as patacas.
     Vimos como as cortaban e como se fritían nunhas freidoras súper grandes. Despois enchíanse en paquetes e almacenábanas!!! Había un montón de caixas listas para sair nos camións!!! Tamén teñen gusanitos, churros, chocolate,...
     Despois fomos merendar a un parque que hai na praia de Sabón e como o tempo nos acompañou pasámolo xenial!!!!

martes, 11 de novembro de 2014

EXCURSIÓN A BONILLA

     Mañá día 12 de novembro imos ir á fábrica de patacas de Bonilla.
     A pesares de ser unha actividade no interior da fábrica, sería recomendable
que o alumnado levase un abrigo con carapucha por se nos chove ao subir e
baixar do autobús.
     Para media mañá que leven algún aperitivo (bocadillo, galletas,...) e unha 
botelliña de auga para repoñer forzas cando teñamos o descanso. 
     Se tedes algunha dúbida, podedes consultar coas titoras á hora da entrada.

     Un saúdo. As titoras.

mércores, 22 de outubro de 2014

PORTA-CASTAÑAS PARA O MAGOSTO


     Estamos desexando volver a celebrar o magosto no cole. Para iso pedímosvos ás familias a vosa colaboración. Necesitamos un brick baleiro, limpiño e cortado pola metade (todas as caras menos unha das máis anchas, coma na foto) para facer o noso porta-castañas para a festa. Moitas grazas!

IMPORTANTE!!!: Recordade tamén informárnos ben das alerxias a alimentos, pois ese día ademáis de comer castañas, cabe a posibilidade de que teñamos batidos de chocolate para os nenos/as.

xoves, 19 de xuño de 2014

Bo verán, sempre con libros!!

Outro curso remata xa, e chega o esperado verán, e as ansiadas vacacións...

Dende Xardín do Pasatempo queremos recomendarvos algúns libros e contos que parécenos que vos gustarán e poden encher de aventuras estes días de verán...

Gozade moito e vémonos en Setembro!! GÜINO

venres, 14 de marzo de 2014

UN CIGARRÓN DE VERÍN NA CLASE

Esta semana Juan e a súa nai ensináronnos un traxe de cigarrón de verdade! A Juan quedáballe moi ben e aprendimos moito dos cigarróns de Verín. Ademais todos puidemos comprobar que as chocas pesan un montón. Moitas grazas Juan e Teresa

FIN DE CURSO E DUN CICLO